Con la tecnología de Blogger.

Pop-Posts

O galego en vogue

Hoxe xa se pode ver a luz do alba pero sen poder ver o mar. Sempre estimando esa salitre propia do atlántico, pousandose no meu peito pra refrescarme. Estimo esa sensazon, na que o mar me da os "bos dias". Sera o meu sino, ficar eiqui con saudade, estimando a tua man pra andar pola area. Ficando con morriña porque esas posta de sol no atlántico non as podo ver contigo cos derradeiros raios do sol. Porque non poida facer na miña terra a miña vida.

Sempre estimandote, ese é o meu verdadeiro sino, facerche grande dende a nostalxia. Tendo sempre ilusión de facer realidade os meus soños, por iso alexome de ti. Sempre te estimei, xa o sabes, pero nunca olvidareime de ti. Porque a miña razon de ser, a miña moral, o meu coñecemento, todo o que aprendin é grazas a ti.

Grazas Galiza por ser máis que terra, es un pobo, unha cultura, unha razon pra existir. E a tua xente máis que mellor... Grazas polas palabras bolboreta, sorriso, colo, saudade, morriña, bico, polbo, lúa, ouvir, xeito...
Todas elas que fan que o galego sexa mais feitiño e de q sexamos como somos.

Que ninguen se sinta nunca desfeito de non estar na súa terra, iso a fai máis grande, porque cada vez que volvemos ela nos demostra a ledicia de volver a sentirnos. Nosa nai terra nunca nos esquece.

¡Feliz dia das Letras Galegas todos! E un bico e unha aperta pra todolos galegos...

Estimovos.

You May Also Like

0 comentarios